
Cento vinte xamóns e setecentos litros de viño son as cantidades mercadas pola organización para a cita do 14
A Festa do Xamón de Bermés (Lalín) comezou sendo unha xuntanza gastronómica parroquial. Hoxendía miles de persoas teñen anotada a cita anual na axenda: 14 de agosto.
-¿Que previsión de asistencia están barallando?
-Pensamos que será semellante ao ano pasado. Entre 2.000 e 2.500 persoas probablemente virán á festa.
-Para tantos comensais, ¿canta materia prima se necesita?
-Bastante. Estamos falando de 120 xamóns, 700 litros de viño e 2.000 boliños de pan. Como en anos anteriores, os que queiran vir non teñen que facer ningunha reserva previa. O día da festa basta con pagar 12 euros. Cantidade na que se inclúe xamón, pan e viño para dúas persoas ademáis dunha xerra. Tamén, coma sempre, o evento será no campo da festa e instalaremos unha carpa.
-¿Cantas persoas están traballando na organización?
-Traballando, traballando... Eu e Manuel Sánchez. Logo contamos con algunha xente que nos bota unha man... A festa dá traballo pero hoxe é un referente na zona e é importante seguir celebrándola para que a nosa parroquia continúe soando.
-Dúas persoas na organización pero, ¿á hora de cortar o xamón virá axuda?
-Non. Este ano pedímoslle a fábrica que nos suministra os xamóns que os traia xa cortado. Era moitísimo traballo cortar alí tanto xamón para tantísima xente.
-¿Terán música en vivo?
-Coma sempre. Bueno, este ano como é o décimo aniversario da festa decidimos traer ao Grupo Máster e A Roda.
-¿Canto se gastan na festa gastronómica?
-Só no xamón, uns 12.000 euros. Cantidade que tentaremos recaudar coa venda do produto e o que se faga na barra que instalaremos os da comisión.
-A Festa do Xamón é a antesala das festas patronais da parroquia...
-Claro. Os días 15 e 16 son as festas patronais que se celebran na honra a Santa María e San Roque. Para o día 15 temos concertos matinais e verbena con dúas excelentes bandas de música da comarca como son as de Merza e Lalín. Haberá misa solemne ás 12 horas. Tamén ao día seguinte haberá misa á unha e posteriormente un concerto que ofrecerá o grupo de baile Xirandola, de Bandeira. Pola noite, a verbena estará amenizada por Marisma e Fabián e Cristina Trío.
-E olimpiadas...
-Serán a partires das 18 horas, o día 16. Animamos a todos -homes e mulleres- a participar no tiro da corda, na carreira de carretillas que teñen que vir engrasadas, campionato de tiro con arco e cincoenta metros bolos. Remataremos coa guerra do viño para á que se prega aos futuros participantes que veñen coa roupa máis vella que teñan.
-¿A canto ascenden estes tres días de festexos?
-O total ronda tranquilamente os 25.000 euros xa que 12.000, como dixen antes, van para o xamón. Na parroquia xuntamos uns 10.000 euros e todo o demáis temos que sachalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario