jueves, 2 de octubre de 2008

Fotos da edición 2008




Con un pouco de retraso, empezamos a ver as primeiras fotos da festa do xamón na súa edición do 2008 por internet. neste caso, son as fotos sacadas polos creadores de www.deza.org

Se algún internauta ten máis fotos, ou videos, e os quere compartir nesta páxina, non ten máis que escribirnos a festadoxamon@gmail.com
Ver as FOTOS

miércoles, 13 de agosto de 2008

FALTA 1 DÍA

14 AGOSTO 2008 - 22:30 HORAS
X FESTA DO XAMON

jueves, 31 de julio de 2008

Entrevista a Ildefonso en La Voz de Galicia

«A festa dá o seu traballo pero hoxe é un referente na zona»

Cento vinte xamóns e setecentos litros de viño son as cantidades mercadas pola organización para a cita do 14

A Festa do Xamón de Bermés (Lalín) comezou sendo unha xuntanza gastronómica parroquial. Hoxendía miles de persoas teñen anotada a cita anual na axenda: 14 de agosto.

-¿Que previsión de asistencia están barallando?

-Pensamos que será semellante ao ano pasado. Entre 2.000 e 2.500 persoas probablemente virán á festa.

-Para tantos comensais, ¿canta materia prima se necesita?

-Bastante. Estamos falando de 120 xamóns, 700 litros de viño e 2.000 boliños de pan. Como en anos anteriores, os que queiran vir non teñen que facer ningunha reserva previa. O día da festa basta con pagar 12 euros. Cantidade na que se inclúe xamón, pan e viño para dúas persoas ademáis dunha xerra. Tamén, coma sempre, o evento será no campo da festa e instalaremos unha carpa.

-¿Cantas persoas están traballando na organización?

-Traballando, traballando... Eu e Manuel Sánchez. Logo contamos con algunha xente que nos bota unha man... A festa dá traballo pero hoxe é un referente na zona e é importante seguir celebrándola para que a nosa parroquia continúe soando.

-Dúas persoas na organización pero, ¿á hora de cortar o xamón virá axuda?

-Non. Este ano pedímoslle a fábrica que nos suministra os xamóns que os traia xa cortado. Era moitísimo traballo cortar alí tanto xamón para tantísima xente.

-¿Terán música en vivo?

-Coma sempre. Bueno, este ano como é o décimo aniversario da festa decidimos traer ao Grupo Máster e A Roda.

-¿Canto se gastan na festa gastronómica?

-Só no xamón, uns 12.000 euros. Cantidade que tentaremos recaudar coa venda do produto e o que se faga na barra que instalaremos os da comisión.

-A Festa do Xamón é a antesala das festas patronais da parroquia...

-Claro. Os días 15 e 16 son as festas patronais que se celebran na honra a Santa María e San Roque. Para o día 15 temos concertos matinais e verbena con dúas excelentes bandas de música da comarca como son as de Merza e Lalín. Haberá misa solemne ás 12 horas. Tamén ao día seguinte haberá misa á unha e posteriormente un concerto que ofrecerá o grupo de baile Xirandola, de Bandeira. Pola noite, a verbena estará amenizada por Marisma e Fabián e Cristina Trío.

-E olimpiadas...

-Serán a partires das 18 horas, o día 16. Animamos a todos -homes e mulleres- a participar no tiro da corda, na carreira de carretillas que teñen que vir engrasadas, campionato de tiro con arco e cincoenta metros bolos. Remataremos coa guerra do viño para á que se prega aos futuros participantes que veñen coa roupa máis vella que teñan.

-¿A canto ascenden estes tres días de festexos?

-O total ronda tranquilamente os 25.000 euros xa que 12.000, como dixen antes, van para o xamón. Na parroquia xuntamos uns 10.000 euros e todo o demáis temos que sachalo.

miércoles, 30 de julio de 2008

Estamos a traballar na X edición


Parece que foi onte cando se cortaban as primeiras tiras de xamón, e, como pasa o tempo, xa levamos 10, que non tiras, senón edicións da festa do Xamón. Unha festa na que os veciños e amigos da parroquia de Bermés, sita no concello de Lalín, poñen todo o seu empeño en que saia ben, e iso nótase ano tras ano, xa que a xente que se achega o 14 de agosto ata a súa preciosa praza adicada o noso Matemático máis internacional, como foi o Matemático Rodriguez, repiten nas seguintes edicións, acompañados, iso sí, de novas amizades. Neste ano 2008 estase a traballar na que, sen dúbida, será a súa consolidación como festa e cita gastronómica anual. Nas vindeiras datas, iremos informándovos das novidades desta edición, así como das actuacións previstas, ...
Gracias a axuda dos creadores do portal web non oficial da comarca do deza, www.deza.org, podemos promocionar a festa deste xeito, como estás vendo, a través da internet. Quedades pois, internautas, convidados a acudir o vindeiro 14 de Agosto a X edición da Festa do Xamón en Bermés (Lalín - Pontevedra - Galicia - España). Pronto máis novidades.

Localización da festa

Esta edición, como as anteriores, celebrarase na Praza Matemático Rodriguez (Campo da Festa).
Ver mapa más grande